Todos os actos serán dirixidos pola organización e os participantes están supeditados ás súas directrices.
Aconséllase levar calzado cómodo e axeitado para camiñar pola aldea.
Os menores de 18 anos de idade deben estar acompañados por un adulto.
A organización resérvase o dereito a realizar pequenas modificacións no programa que irá publicando neste blog.
Dende o momento do pagamento da cota de inscrición, a Organización non realizará devolucións do importe desta en caso de non participación, sexa cal for o motivo.
En caso de suspensión por parte da organización da actividade antes do seu inicio, a Organización procederá á devolución do importe recibido por parte dos inscritos.
O mal tempo non será impedimento para a realización da actividade, se ben a Organización resérvase o dereito de suspender ou modificar actividades se o cre oportuno para a mellor realización da xornada.
A inscrición non inclúe seguro de accidentes.
O feito de realizar o pagamento da inscrición mostra a conformidade do participante con estas condicións.