Son d´aldea comeza un 3 de Setembro do ano 2011 e cada ano que se celebra esta romería etnográfica que representa a afirmación pública da autoestima comunitaria das persoas da aldea e do rural en xeral, búscanse novos escenarios na aldea de Santiago de Albá para levar a cabo as diferentes escenificacións deste peculiar e característico roteiro teatral ambientado nos anos 50/60 do século XX.
Segundo Xerardo Pereiro e Santiago Prado, Son d´aldea máis alá de folclorismos e de querer regresar a tempos pasados, representa a autoestima de ser e pertencer a unha aldea, o rural e a aldea deixan de ser metáforas vergoñosas que hai que ocultar ou disimular para mostrarse con orgullo e dignidade. A aldea móstrase, polo tanTo, como un valor.
Neste 2014, Son d´aldea chega a súa IV Edición e son moitas as sorpresas que nos agardan e que iremos presentando neste blog.