Son d´aldea comeza, cada edición, cunha xornada debate que ten como tema principal o desenvolvemento sustentable do mundo rural galego. Preséntase o rural como un xeito de vida que merece ser difundido, como un espazo de oportunidades e posibilidades para o futuro, un entorno do que debemos coñecer a súa esencia para tomar conciencia de preservarlo e coidalo.
Estas xornadas son organizadas e coordinadas todos os anos por Xerardo Pereiro ( Doutor en Antropoloxía e Mestre da Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro) e Santiago Prado ( Mestre en Educación Primaria, Doutor en Antropoloxía e Mestre na Universidade de Vigo), levaron por título OPORTUNIDADES NO RURAL (Ano 2012) e O PAPEL DA MULLER NO RURAL (Ano 2013) e teñen contado con conferenciantes tan reputados como:
- Lourenzo Fernández Prieto (Desertores do Agro, Xornadas Debate 2012)
- José Manuel del Barrio Aliste (A Sociedade Rural como obxeto de consumo, Xornadas Debate 2012)
- Luís Vale (Turismo Vinhais – projectar o passado, a través das oportunidades presentess, no futuro, Xornadas Debate 2012)
- Alicia González (O papel da muller rural galega na Cultura Organizacional, Xornadas Debate 2013)
- Carlos Montes (As Empresas con base humana feminina: O exemplo de Milhulloa, Xornadas Debate 2013)
- Luzia Oca (Empoderamento da muller no rural, Xornadas Debate 2013)